LA VOZ LIBRE

Artículo de Anxo Lorenzo: 'Política lingüística e ‘consenso’ en Galicia?'

LVL
2009-05-28 19:52:55

Madrid. Por su gran interés y trascendencia, publicamos el artículo 'Política lingüística e ‘consenso’ en Galicia?', de Anxo Lorenzo, nombrado Secretario General de Política Lingüística por Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Xunta de Galicia. El mismo está recogido en la página web Anosaterra Diario. En su esfuerzo por convertir La Voz Libre en un foro de encuentro entre las diversas lenguas de España, mantenemos la versión original en gallego, de fácil comprensión.

<< Estase a difundir a idea de que o modelo lingüístico de coexistencia entre galego e castelán está sendo substituído por un de imposición do galego, sendo o goberno da Xunta de Galicia o responsable dese cambio. A realidade parece apuntar noutras direccións: por unha banda, é o Partido Popular quen está a separarse do vieiro lingüístico consensuado nos anos 80 por motivos de estratexia partidaria (desgastar o goberno); e, por outra, o PP está en desacordo co contido da política lingüística actual, diferente da que eles implementaron. O primeiro aspecto –o PP afástase do “pacto lingüístico”– supón unha novidade política que cumprirá analizar con certo vagar nestes meses en que remata a actual lexislatura; o segundo aspecto –o PP está en desacordo coa política lingüística do goberno actual da Xunta de Galicia– é absolutamente coherente desde a lóxica política.

O que podemos denominar como “pacto”, “consenso” ou “acordo” lingüístico confórmase mediante os contidos lingüísticos do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e da Lei de Normalización Lingüística de 1983. Cales son, ao noso entender, as características principais dese “pacto lingüístico”? En primeiro lugar, a cooficialidade –en Galicia, galego e castelán teñen plena igualdade xurídica–; en segundo lugar, a declaración do galego como lingua propia; en terceiro lugar, derivado do aspecto anterior, a decisión de pór en marcha un proceso institucional e social de “normalización” da lingua galega, por se atopar esta en situación de desigualdade respecto do castelán; e, en cuarto lugar, o respecto polo principio de individualidade: que cadaquén utilice a lingua da súa preferencia nas comunicacións non institucionalizadas.

Amparados nese “pacto lingüístico”, os diferentes gobernos do Partido Popular aplicaron unha política lingüística de baixa densidade e intensidade. Os seus sinais de identidade en materia lingüística foron os de lexislar pouco, non desenvolver a planificación lingüística e non se preocuparen excesivamente porque se cumprisen as poucas normas lingüísticas (ou con repercusións lingüísticas) que eles mesmos aprobaban. Foi, en definitiva, unha política lingüística inhibidora e de profundidade escasa na promoción da lingua galega. A coartada ideolóxica para non facer máis chegoulles aos gobernos populares da man do bilingüismo harmónico (BH), construto ideolóxico de feble baseamento epistemolóxico que foi deseñado ad hoc para xustificar aquela política lingüística rácana. Agora ben, o BH é un construto partidista promovido exclusivamente polos gobernos fraguistas, sen que en ningún caso formase parte do “consenso lingüístico” inicial.

O cambio de goberno

Co cambio de goberno, unha coalición PSdG-BNG non pode desenvolver a mesma política lingüística có PP. Abonda con ler os programas electorais das últimas eleccións autonómicas para comprobalo. Agora ben, cambiar os vimbios, o rumbo e mesmo o ritmo desa acción lingüística gobernamental non significa que se estea a alterar o “consenso lingüístico”: o que este goberno pretende é, seguindo no mesmo modelo, afondar en certas estratexias planificadoras que lle dean ao galego un maior folgo social e institucional. E unha boa proba disto é o novo decreto de ensino aprobado o ano pasado.

O novo decreto persegue o mesmo obxectivo có anterior: que todo o alumnado aprenda por igual galego e castelán. A principal novidade é a estratexia para acadar ese obxectivo: aumenta a porcentaxe de materias que, como mínimo, se deben impartir en galego. Significa isto un cambio no modelo de ensino bilingüe instaurado en Galicia desde 1983? Por suposto que non: nin hai modificación do obxectivo lingüístico final (competencia nas dúas linguas oficiais), nin se está implantando a inmersión lingüística, nin se obriga a ninguén a usar unha lingua ou outra.

En cambio, son outros os que si queren unha mudanza no modelo lingüístico educativo, pedindo a segregación do alumnado en función das preferencias lingüísticas familiares. E isto, que altera o “pacto lingüístico”, tamén o reclama agora o PP: despois de máis de vinte anos valorando os beneficios do bilingüismo educativo, de termos estudantes que coñezan as dúas linguas oficiais por igual, esta forza política opta agora por apoiar un cambio de rumbo cara á separación das linguas na educación. Quen se aparta nesta cuestión do “consenso lingüístico”?

Argumentar que o presidente da Xunta de Galicia está a modificar o “modelo lingüístico” de Galicia é unha falacia. Quen se está afastando dese consenso é o Partido Popular, na procura dun rédito político a curto prazo, descolocado polo seu papel de oposición despois de tantos anos de goberno. Ademais, o que o PP non acepta é que haxa outras formas de facer política lingüística, diferentes das súas, máis centradas na promoción e na revitalización da lingua galega, sen imposicións nin obrigacións, pero con firmeza nas estratexias de acción positiva e na utilización da planificación lingüística como ferramenta de traballo. Algo que eles non quixeron ou non souberon facer cando foron goberno. E esa nova política lingüística está integrada sen maiores problemas no “pacto lingüístico” consensuado hai máis de vinte anos >>.

Comentarios

Dice ser Anónimo
2009-11-21 01:31:38
Ñ o simbolo da colonización linguistica: http://www.youtube.com/watch?v=in4XUX-aViY

Dice ser Ana
2009-10-04 04:46:49
Estas naiziñas e paizinhos usados polo réxime colonial a través de "Lavozlibre" usando os pobres fillos é unha técnica de coacción psicolóxica prohibida por Lei en vendas e en todos os medios comerciais. É unha técnica miserenta que se chama " Técnica Angelical". O réxime colonial séntese perdido. Usa os medios máis criminosos para nos convencer, vender o castelan e o colonialismo, mesmo aqueles que recoñece ser coacción punida por Lei. Non é só en España que a técnica "angelical" é prohibida. É en todo o mundo civilizado. A que punto tan baixo e criminoso de coacción que colonialismo Chegou.... E os millóns de pais, nais e fillos galegos que están hai séculos colonizados polo castelán na súa propia terra de orixe? Cando teñen voz para falar neste "LAVOZLIBRE"? Leven esa liberdade para Castela.

Dice ser Jesus
2009-09-10 18:51:02
Desde Venezuela se les apoya, es hora de que nuestras culturas tambien se escuchen y nuestros idiomas se hagan brillar al mundo ya basta de la descriminacion del lenguaje.

Dice ser Diniz
2009-07-12 03:54:00
Os colonizadores da Galiza teñen que ser xulgados nun tribunal internacional de Crimes contra a Humanidade. A Convención Europea dos Dereitos de Home, non permite esta colonización castelá da Galiza. Fóra cos opressores xa.

Dice ser Silas
2009-06-02 04:36:59
Na Galiza o galego continua proibido e mesmo o crioulo da RAG em perigo! Galego é português como castelhano é espanhol.

Dice ser Luana
2009-06-02 04:31:56
O réxime transformou o castelán con todo o poder represivo nunha raposa, e o galego nunha galiña submissa. O movemento Galiza bilingue quere pór raposa e galiña pechadas na mesma capoeira. Chaman a isto liberdade. Cal o resultado? Con toda o protección do Estado, represión policial e da comunicación social a manipular as informacións a favor da defensa do castelán que coloniza e domina durante séculos na Galiza sen que ninguén se preocupe co galego, vén agora o argumento da Galiza Bilingue con Liberdade é ridículo. Como se pode dar liberdade a unha galiña no mesmo espazo que unha raposa? Que tipo de comunicación social que toma partido e usa todas as técnicas de convencimento e que clasifica de radicais os galegos que queren só vivir e falar como galegos na Galiza? Teñan vergoña. A CAUSA DO PROBLEMA È A OCUPACIÓN CASTELÁ. Non hai nada máis extremista e RADICAL do que un Estado veciño ocupar e colonizar culturalmente o outro durante séculos. Isto está a facer a España á GALIZA. Negar en pleno século XXI o dereito á autodeterminación conforme está consagrado na CARTA das NACIONS UNIDAS..... e aínda promover manifestacións colonizantes coa policía fardada a participar e outra parte da policía a cargar sobre o pobo da terra. Cos civís da étnia ocupante a gritar xunto dos que viñeran de fóra que a policía é súa amiga. As forzas da "orde" na verdade desorde a practicar terrorismo de Estado pagado co diñeiro dos impostos cobrados á propias vítimas. ISTO SI é EXTREMISMO e Radicais colonizadores. A comunicación social controlada polo réxime colonial a presentar as vitimas galegas como os malos e os provocadores de fóra como os bos. É crime mentir e manipular os feitos para colocar a poboación contra quen ten razón e dignidade se sente ocupado e provocado na súa terra polos de fóra. Liberdade para a Galiza e para os galegos . Para os espanholistas a palabra liberdade significa opresión para os nativos da Galiza e liberdade para os colonizadores continuaren a explotar e colonizar os galegos. Dúas formas de liberdade! San moitos os crimes contra a humanidade practicados polo Estado español na Galiza, desde Calúnia, Coacción, Agresións físicas , Morais, Intlectuais, Colonialismo, Prisións ilegais sen culpa formada só por ideas políticas, Xenocidio cultural, Físico e outros crimes . Pregunto onde está o Juíz Justiceiro Baltazar Garzon? È Justiceiro ou serve un réxime criminoso? Cando abre un proceso contra o Estado español?

 
 
 

Economía

Javier Fernández

Javier Fernández

Periodista
Hagan sus apuestas. ¿Cuánto tardaremos en quebrar definitivamente las cuentas públicas? ¿Dos, tres, cuatro, cinco  [...]

Política

Enrique Arias Vega

Enrique Arias Vega

Periodista y economista
 En Berlín aún quedan ancianos -pocos, por fortuna- que un 13 de agosto de 1961 vieron desde la parte oriental de la ciudad  [...]

Política

Julia Navarro

Julia Navarro

Periodista y escritora
Es curiosa la casi indiferencia que ha producido el anuncio de ETA de que va a entregar las armas



La Voz Libre on Facebook